domingo, 29 de junio de 2014

AS NOSAS MAQUETAS DOS MUÍÑOS

Agora que xa estades de vacacións toca disfrutar do traballo ben feito. Quedei coa boca aberta cando vin as vosas maquetas.
¡Noraboa a todos!
Aquí tedes as fotos dos muíños:

viernes, 6 de junio de 2014

O VALIÑADARES

Os vosos compañeiros de 1º de Bacharelato levan todo o curso facendo un estudo ecolóxico do noso río, o Valiñadares.
Nesta ligazón podedes botarlle unha ollada, ¡hai fotos para todos os gustos!
VALIÑADARES

OS MURAIS XA ESTÁN NA BIBLIOTECA

Como comentei na anterior entrada do blog xa podedes pasarvos pola biblio para ver os murais dos traballos dos muíños. Na seguinte ligazón tedes un adianto:
EXPOSICIÓN DOS MUÍÑOS

jueves, 5 de junio de 2014

Por fin dispoñemos xa do traballo realizado polo grupo 5. Como xa comentei os vídeos engadidos pesaban demasiado e tentarei, se é posible, colgalos en entradas do blog nestes días.
Premede na ligazón para ver o traballo:

Os muíños



Noraboa aos tres grupos que presentáchedes traballos polo voso bo facer!

Por certo, os murais que fixéchedes están expostos na biblioteca, ide e botádelles unha ollada.

sábado, 24 de mayo de 2014

miércoles, 14 de mayo de 2014

OS MUÍÑOS DE ABADÍN

Outro gran traballo, neste caso dos compañeiros do grupo 2 de 2º de E.S.O.
Se queredes saber algo da tradición muiñeira de Abadín, que é unha tahona ou que é unha maquía éste é o voso traballo.
Premede na seguinte ligazón
Muíños de Abadín

Ou podedes vela aquí:



O MUÍÑO DE EDELMIRO (MONDOÑEDO)

Excelente traballo dos nosos compañeiros do grupo 1 de 2º de E.S.O.
O traballo fálanos dun muíño de Mondoñedo que foi construido en 1870, pero que segue en uso e co seu actual muiñeiro, Edelmiro, en plena forma.
Se queredes saber que é a peneira, que é a capa dun muíño, como é un muíño de caldeiro, ou  queredes ver un muíño tradicional da nosa terra por dentro ou simplemente queredes coñecer de preto un muiñeiro de verdade botádelle unha ollada a seguinte ligazón:

O muíño de Edelmiro



Ou accedede directamente dende aquí:




viernes, 9 de mayo de 2014

EN QUE CONSISTE O NOSO PROXECTO?


Despois de poñer en marcha o Proxecto Ríos no río Valiñadares, o río que pasa pola histórica vila de Mondoñedo, dende o I.E.S. San Rosendo pensamos na posibilidade de ampliar o coñecemento do entorno do noso río non só dende o punto de vista medioambiental, senón tamén etnolóxico e histórico.
Para elo, ocorreúsenos a realización de traballos de investigación sobre os muíños da zona, dada a  tradición muiñeira nesta rexión.
Pareceúnos tamén interesante ampliar o ámbito de estudo aos concellos limítrofes de Abadín e Lourenzá, por ter alumnos destes tres concellos no centro.
Fixemos grupos asignados a un concello e dividimos o traballo en tres fases:
1.Que buscamos? 
A través da rede e outras fontes tentamos pescudar información que nos permitira respostar a algunhas preguntas:
 Que é un muíño? Que tipos hai? Como é un muíño de río? Como funciona?
2. Traballando a pé de campo: 
Os rapaces escollían un muíño da súa zona e buscaban información sobre él:
cales eran os seus usos? segue en uso? privado ou público? que importancia tivo na comarca? historias, lendas, costumes, tradicións...relacionadas con él ou cos muíños en xeral.
Para elo os alumnos mantiveron entrevistas cos seus veciños muiñeiros que lles contaron como era e é o traballo de muiñeiro e a relevancia desta labor na rexión.
3. Queremos que saiban o que fixemos:
A principios de Xuño os rapaces expoñeran murais no centro nos que resumen a labor realizada.
Neste blog e na web do I.E.S. colgaremos as presentación levadas a cabo polos alumnos.
Ademais está xa en marcha a realización de maquetas de muíños de río que tamén expoñeremos.