viernes, 9 de mayo de 2014

EN QUE CONSISTE O NOSO PROXECTO?


Despois de poñer en marcha o Proxecto Ríos no río Valiñadares, o río que pasa pola histórica vila de Mondoñedo, dende o I.E.S. San Rosendo pensamos na posibilidade de ampliar o coñecemento do entorno do noso río non só dende o punto de vista medioambiental, senón tamén etnolóxico e histórico.
Para elo, ocorreúsenos a realización de traballos de investigación sobre os muíños da zona, dada a  tradición muiñeira nesta rexión.
Pareceúnos tamén interesante ampliar o ámbito de estudo aos concellos limítrofes de Abadín e Lourenzá, por ter alumnos destes tres concellos no centro.
Fixemos grupos asignados a un concello e dividimos o traballo en tres fases:
1.Que buscamos? 
A través da rede e outras fontes tentamos pescudar información que nos permitira respostar a algunhas preguntas:
 Que é un muíño? Que tipos hai? Como é un muíño de río? Como funciona?
2. Traballando a pé de campo: 
Os rapaces escollían un muíño da súa zona e buscaban información sobre él:
cales eran os seus usos? segue en uso? privado ou público? que importancia tivo na comarca? historias, lendas, costumes, tradicións...relacionadas con él ou cos muíños en xeral.
Para elo os alumnos mantiveron entrevistas cos seus veciños muiñeiros que lles contaron como era e é o traballo de muiñeiro e a relevancia desta labor na rexión.
3. Queremos que saiban o que fixemos:
A principios de Xuño os rapaces expoñeran murais no centro nos que resumen a labor realizada.
Neste blog e na web do I.E.S. colgaremos as presentación levadas a cabo polos alumnos.
Ademais está xa en marcha a realización de maquetas de muíños de río que tamén expoñeremos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario